Vila histórica de Muros: declarada Conxunto Histórica en 1970, foi fundada polo rei Sancho IV o Bravo no século XIII.
Chegou aos nosos días conservando o seu entramado medieval case intacto, que se caracteriza por un sen fin de canellóns estreitos, algún deles sen saída, que lle outorgan esa imaxe de labirinto que no seu día cumpriu una función defensiva.
A tipoloxía de vivenda muradá está composta por un baixo aportalado en arco apuntado o de medio punto que en ocasións queda por debaixo do nivel das rúas e un o dous pisos onde resalta a presenza de consistente balcóns corridos con balaustrada de ferro forxado, soportados por grandes ménsulas de cantería. Ni actualidade estes baixos fan a función de paseo cuberto.
Todos estes edificios combinanse ao longo da rúas con outras edificacións más actuais onde o movemento modernista deixou a súa pegada, e con casas antigas ás que se incorporaron galerías, seguindo a moda de finais do século XIX.
Tamén atoparemos toda unha serie de capelas espalladas polo casco antigo, a maioría de fundación privada, e que foron construídas na súa totalidade durante os séculos XVII e XVIII.
A igrexa parroquial, Santa María do Campo (actual igrexa parroquial de San Pedro de Muros) ten a súa orixe no século XII, pero dela só se conserva a portada principal. Na actualidade obsérvanse diversos estilos froito das remodelacións que sufriu ao longo do tempo así aprécianse partes barrocas no torre e no pórtico realizadas no século XVIII grazas ao gremio do mar. Pero o estilo que predomina é o chamado gótico “mariñeiro” datado no século XV.