Lonxa de Muros

Actividade realizada pola agrupación de marisqueo a pé da confraría de pescadores de Muros.

Obxectivo: dar a coñecer o traballo desenrolado pola agrupación.

Actividade: os visitantes son recibidos por membros da agrupación a pé de Praia ( normalmente en Anido xa que a actividade desenrolase na Praia da Virxe) , unha vez alí explícanlle en que consiste o marisqueo, cales son os diferentes traballos que realizan ( extracción, limpezas, arado da Praia, rareos……..), móstranlle os aparellos que usan, ensínanlle as especies que extraen.

Posteriormente baixan a Praia ( a actividade está deseñada para facerse ca baixamar, de ahí a dificultade de poñer horarios fixos), recorren a praia mentres lle van explicando diferentes cuestión do marisqueo ou das especies presentes no banco. Si en esa xornada están mariscando observan en primeira persoa o traballo.

A actividade dura aproximadamente unha hora.

Mais información: http://www.margalaica.net/gl/ensina/territorios-didacticos/muros

Menú