Estacións de arte rupestre: Laxe das Rodas, Naraio e Cova da Bruxa

Petroglido de Laxe de las Rodas

Os gravados rupestres ou petroglifos son manifestacións simbólicas das comunidades prehistóricas, e pódense considerar unha das manifestacións culturais máis interesantes da prehistoria galega.

Os petroglifos do noso concello, coñecidos ata o de agora, están repartidos pola maioría das parroquias, con especial incidencia nas de Serres e Louro, entre eles, dous son singulares no conxunto da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas.

Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións de animais: cervos, un escena de equitación e a figura dun cánido, e a representación dunha figura humana. A figura humana e o cánido de Cova da Bruxa son manifestacións únicas dentro da arte rupestre de Galiza, e os cervos, malia a atopalos nunha soa estación, presentan unha variedade de formas que fan que sexa un xacemento singular en Galicia.

Menú