Aldea Riomao

A aldea de  Riomao, na parroquia de Torea, pódense ver os elementos arquitectónicos propios do noso patrimonio etnográfico, hórreos, muíños…. e a vivenda labrega tradicional. Tamén se atopan os restos dun castro, posto que a situación xeográfica é idónea para o seu emprazamento, dada as condicións de defensa que presenta, aproveitando un montículo a modo de espolón que domina o val de Amira e a totalidade da parroquia de Torea.

Hoxe en día atópase cuberto na súa totalidade de vexetación, toxos e piñeiros.

A aldea confórmana un conxunto de 10 casas, das que tan só dúas están habitadas.

Menú