Todo aquel que se achegue a Muros pode adiviñar a importancia que tivo, e que segue tendo nalgúns lugares do concello, o cultivo de cereais, pois alberga infinidade de muíños de río, dos cales podemos ver algún hoxe en día en funcionamento, como poden ser o Muíño de Lestón á beira do río Rateira, na parroquia de Torea ou o Muíño da Pontella á beira do río Maior, na parroquia de Esteiro. Na parroquia de Louro sería interesante facer un percorrido pola beira do río Longarela, onde podemos contemplar unha ringleira de muíños, dos cales dous están hoxe restaurados

Menú