Hospital Trinidad

Foi fundado no século XIV por D. Diego Rodríguez de Muros. Funcionou como hospital de pobres ata os anos corenta do século pasado, albergando actualmente o Centro Social da Terceira Idade.

Está feito a base de pedras de cantería e conta cun claustro sen rematar que data posiblemente de principios do século XIX. Nesta altura decídese construír un novo edificio e a obra fíxose, ao parecer, sobre o mesmo terreo no que estaba asentado o primitivo hospital. Constaba de sete arcos, que non terminaban e parecían continuar cara ao Norte.

A obra estivo paralizada cerca dun século, ata que o concello edificou en 1885 uns muros sobre ditos arcos e terminou a obra, de pobre aparencia comparada coa elegancia e magnitude que prometía a cimentación do edificio proxectado. A entrada ao hospital, así como a súa portada, acusan unha época moi anterior ao século XIX, a finais do cal se comezou a construír o actual edificio. No oco da parede venérase unha pequena imaxe da Virxe da Graza, ante a cal pendía un farol que os veciños procuraban manter sempre aceso.

Menú