virxe-do-camino

Debido á gran devoción dos fieis, este santuario, chegou a converterse nun famoso templo ao que concorrían os devotos en peregrinación e os mariños e atribulados coas súas ofrendas para implorar o remedio aos seus males.

Tráase dunha ermida de estilo gótico, aínda que a data da súa construción é incerta. Posterior á colexiata de Santa María do Campo, imita o seu estilo oxival, aínda que de traza máis sinxela. Perseveran nela algúns elementos de tradición románica, como os contrafortes que soportan os arcos no interior.

Perseveran nela algúns elementos de tradición románica, como os contrafortes que soportan os arcos no interior. No seu interior acolle a imaxe da Virxe, que, segundo a tradición, chegou por mar e foi atopada na praia veciña. Tamén conserva no seu interior a reprodución dunha fragata de guerra que data do ano 1767, que posiblemente fose colocada alí como un “exvoto” á Virxe do Carme que por aquel momento se veneraba neste santuario. Pegada á fachada principal desta igrexa atópase unha edificación, que segundo algúns autores son restos do Hospital de San Lázaro, o máis probable é que esta edificación non teña nada que ver co citado Hospital, porque segundo documentos antigos o Hospital de Lázaros non estaría pegado á capela senón que estaba situado uns metros máis arriba do santuario.

Menú