capela-do-carme

De estilo barroco, a capela foi construída no ano 1766. Está dedicada á patroa dos mariñeiros. Situada no barrio do Carmen.

No seu interior albérgase a imaxe da patroa das xentes do mar: a Virxe do Carme, que hai pouco se descubriu que se trata dunha obra do escultor Gambino. O autor plasma nesta imaxe o prototipo de beleza da muller galega, entradiña en carnes, de pel branca e meixelas de cor vermella. Na actualidade atópase na igrexa parroquial na capela de San Antonio.

Menú