Está situada no antigo camiño do convento de franciscanos en Louro, no alto de Campo de Cortes, a uns 2 km da vila, cara ao lugar de Louro. Encóntrase en ruínas, e hoxe desfeita por se empregaren os restos dos seus materiais na ampliación da capela do Espírito Santo. Na actualidade tan só se conserva o cruceiro, que se atopa no lado sur da desaparecida capeliña do mesmo nome.