Capela dos Remedios

Fundada en 1744. A capela conta cun cruceiro pertencente a dúas épocas diferentes. Así, a base é do ano 1586, segundo consta na data gravada nela. A parte traseira non é regular e presenta unha figura moi borrosa e sinais de que formara parte doutra obra distinta, allea ao obxecto ao que se dedicou. Presenta nas súas catro caras unha caveira, dúas tibias entrecruzadas en dous dos seus laterais e na fronte, sobre a inscrición da data, ano 1586, un lagarto sobre unha lousa.

A columna e a cruz coas súas imaxes pertencen a unha época posterior e é de supoñer que o cruceiro foi realizado en 1744, ano da fundación desta capela. Ten na fronte a figura dun cura sobre unha ménsula, cun cáliz nunha man e na outra, ao parecer, unha disciplina e na cruz a imaxe do Redentor.

 

Menú