Datada no século XVI, a pequena igrexa de San Xián presenta planta de cruz latina formada por muros de cantería de granito. A nave presenta un coro aos pés e unha entrada lateral preto do cruceiro. A sancristía sitúase entre o presbiterio e a capela lateral no lado do evanxeo.

O exterior carece de calquera alarde ornamental.

Na fachada principal destaca a incorporación dunha desproporcionada espadana erguida sobre un muro en prolongación do lateral esquerdo. Consta de dúas arcadas de medio punto e remata nunha cornixa con pináculos.

Menú