Cronoloxía: Século XVII – XVIII

Foi construída durante os séculos XVII – XVIII, aínda que non se pode precisara data concreta da súa construción,  sen embargo, sábese que o 8 de Marzo de 1896 fixéronse cargo dela os PP. Redentoristas.

Na actualidade fai a función de capela do cemiterio, que practicamente a rodea no seu perímetro.

A planta consta dunha soa nave de forma rectangular. O presbiterio é lixeiramente máis estreito e presenta arco de acceso de medio punto. Apegada no seu muro cabeceiro encóntrase a sancristía, á que se accede por unha porta baixo o retablo, mantendo a mesma altura exterior que o presbiterio que é lixeiramente máis estreito.

O exterior carece de elementos ornamentais. A fachada principal remata cun frontón triangular con dous pináculos nas esquinas, e pilastras lixeiramente marcadas nas esquinas.

Separado da igrexa, a uns cen metros atópase o campanario, exento e hoxe en desuso, carente de campás, formado por unha dobre arcada de medio punto e rematado en cornixa con pináculos.

Menú