Datada no século XVIII aínda que ten a súa orixe na idade Media.
Presenta unha planta moi sinxela con muro de cantería de granito nos que apoian cimbros de madeira que sosteñen unha cuberta a dúas augas de tella, recentemente construída. Na entrada da nave encóntrase un coro ao que se accede a través dunha escaleira apegada ao muro. Na cabeceira está a ábsida, de menor altura, cuberta con bóveda de canón e dende á que se accede a sancristía apegada nun dos seus laterais, obra do 1860, cando se produciu unha importante reforma.
O exterior é moi sinxelo
A fachada principal presenta a porta de acceso decorada con arco de medio punto con diversas molduras apoiados sobre cornixas e columniñas, un oco sinxelo na parte de arriba e rematada por unha espadana de dobre arcada con frontón triangular e pináculos.
Apegado á igrexa encóntrase o cemiterio formado por nichos e enterramentos no adro.