a-vivenda

Estas están compostas por un baixo aportalado en arco apuntado ou de medio punto que en ocasións queda por debaixo do nivel das rúas, e un ou dous pisos onde resalta a presenza de consistentes balcóns corridos con balaustrada de ferro forxado, soportados por grandes ménsulas de cantería.

Todos estes edificios combínanse ao longo das rúas con outras edificacións máis actuais, onde o movemento modernista deixou a súa pegada, e con casas antigas ás que se incorporaron galerías, seguindo a moda de finais do século XIX.

Menú