Situada á beira da ría trátase dun volume paralelepípedo ao que se lle apegan perpendicularmente distintos corpos na súa parte posterior, que configuran un rectángulo no que se dispón un patio.
No corpo principal distribúense as distintas dependencias do edificio, dispostas en dúas plantas. A disposición dos vans reflicten a distribución do interior, colocándose unha galería de formigón e cristal no primeiro piso, sendo esta de construcción posterior á da fábrica orixinal.
Un grande espacio queda libre para dedicarse ás distintas labores de fábrica, dispóñense unha serie de piares cilíndricos que soportan a cuberta e permiten a apertura dun patio.