Aparecen no século XIX coa presenza de empresarios cataláns instalan fábricas de salgado en diversos núcleos galegos, dando orixe a unha arquitectura propia para o desenvolvemento destas actividades: ao corpo principal da vivenda apéganselle perpendicularmente dous corredores, pechándose ao fondo para configurar no medio un patio cuberto onde se levaban a cabo os traballos co peixe, colocándose nun dos corpos a maquinaria e noutro os fosos de salgadura. Un destes exemplos é o que se sitúa na parroquia de Serres pertencente á familia Romaní, unha das máis importantes da comarca e principal promotora deste tipo de industria. Tamén a Casa Anido restaurada recentemente aínda que con outros fins.

Menú