O LIC “Monte e Lago de Louro” é o espazo natural más importante do litoral do municipio de Muros, tanto polos seus valores ecolóxicos como polos paisaxísticos. Trátase dun complexo litoral que presenta unha gran diversidade de ecosistemas e hábitats de gran valor ao coincidir zonas tan diversas como montes e cantis litorais, praias y dunas, lagoa, mariña, bosque de ribeira, etc.
O Monte Louro presenta dous cumios ben diferenciados, de 226 y 244 metros respectivamente.
A lagaa litoral de Louro ou de Xalfas, situada aos pes do Monte Louro, é unha lagoa de auga salubre, xa que recibe aportes de auga doce y salgada. A auga doce leva a través do regato Longarelo e os aportes de auga do mar so ocorren en temporais ou en época de mareas vivas. A lagoa, está illada d0 mar aberto por un importante cinto dunar.