petroglifo

Sendeiro Cova de Jatos  discorre entre as dúas estacións rupestres máis reepresentativas do Concello de Muros, como son a Cova da Bruxa e a Laxe das Rodas. O camiño ademais dunhas impresionantes vistas da ría, amósanos dous aspectos complementarios da vida cotiá dunha poboación do litoral: o mundo agrícola, definido polo monte e as leiras, e o mar. Durante o percorrido atravesaremos núcleos que conservan a súa estructura tradicional, como Serres con un interesante conxunto de hórreos, Taxes e Ventín.

O camiño pode facerse a pe, en bicicleta, a cabalo, e vehículos de motor. É unha ruta bastante cha, coa única excepción do tramo que baixa ata Serres, cunha pendente pronunciada. Polo tanto é recomendada para todo tipo de camiñantes, dende nenos a maiores.

Menú