Punto de partida, lugar de Solleiros e comezamos a andaina. A uns douscentos metros vírase á esquerda, pola rúa Solleiros, continuamos ascendendo ata atoparnos cun sinal direccional. Desde aquí subimos a Pedra do Cadro entre bolos graníticos de caprichosas formas chegando a un mirador natural sobre a ría de Muros e Noia.
Continuamos o camiño dirección a Braña. Seguindo o ascenso e despois de pasar unha cova con dobre entrada bordeamos as rochas para chegar á cima. Dende aquí temos moi boas vistas de toda a Ría de Muros e Noia ,o Barbanza, Monte Louro, Abelleira, e pola parte de atrás a zona da Braña da Pedra do Cadro.
Pasamos por varios penedos amontoados e un singular bolo con forma case que cadrada.
Baixamos cara á Braña, e podemos ver zonas húmidas franqueadas polos outeiros graníticos erosionados pola chuvia e o vento.
Andamos por un cómodo camiño e pasando polo indicador da Braña a uns oitocentos metros, chegamos a unha pista que baixa a dereita. Seguindo por este camiño paralelo ao río atopámonos cunha bifurcación onde collemos a esquerda para atravesar a estrada a altura do muíño da Pontella. De seguido atoparemos un mirador natural sobre onde nun panel ilustrativo.
A ruta é de gran relevancia paisaxística e a súa variante Río Rateira, transcorre polas parroquias de Tórea e Abelleira, sendo nesta última onde remata a ruta.