O sendeiro une as parroquias de serres, sestaio, torea, abelleira e esteiro, utilizando os vellos camiños que comunicaban as poboacións antes da construcción da estrada que vai pola costa(c-550). o camiño transcorre fundamentalmente polas divisorias das serras que cinguen o territorio de muros, de xeito que durante case todo o traxecto se poderán contemplar unhas impresionantes vistas da ría. pero tamén por lugares con bosques autóctonos, manifestacións da cultura popular como o cruceiro e peto de ánimas de torea, aldeas abandonadas como marselle, ou paraxes de singular beleza como as brañas e formacións graníticas de pedra do mcadro. o camiño pode facerse a pe, en bicicleta ou a cabalo. trátase dunha ruta sinela pero con algúns desniveis importantes.